|
 Cuarta victoria consecutiva dos carballeses.
RECIMIL 49 - CARBALLO BÁSKET XIRIA 58 Marcador: 14-14, 22-23, 34-42, 49-58 Cuarta vitoria noutras tantas xornadas do Carballo Básket Xiria que se mantén á fronte da clasificación grazas ao seu triunfo na complicada cancha do Recimil ferrolán. O partido, moi igualado nos vinte minutos iniciais, decantouse para o cadro verde no terceiro cuarto ao lograr abrir unha pequena fenda próxima aos dez puntos, distancia que xestionou o cadro de Basilio Pampín no derradeiro período. O acerto de Marcos Molk mantivo ao Xiria no partido no primeiro cuarto. El era o único capaz de anotar e, con 12 puntos neses 10 minutos iniciais, permitiu que o Recimil non marchase no marcador. As defensas impuxéronse aos ataques nun primeiro tempo horfo de acerto e con moitas imprecisións. O segundo cuarto tampouco decidiría nada co traballo do pívot carballés Luis Gómez como o máis destacado. 22-23 ao intermedio e todo por decidir no segundo período. É logo do descanso cando o Carballo Básket colle o temón do partido. Apoiado no acerto exterior de Roi (2 triplas) e Juan Fernández (1 tripla) e con Molk facendo moito dano dentro da zona (7 puntos) os carballeses comezan a abrir un oco que sería determinante no encontro. Polo Recimil só Richi Dopico (9 puntos neste cuarto) era quen de ver o aro con facilidade e mantiña ao seu equipo con opcións. Dúas triplas de Dopico e unha de Pablo Freire no derradeiro período inquedaron o triunfo do Xiria, pero a aparición estelar do pívot das Labradas José Tato (6 puntos) e o acerto anotador de Juan Fernández en momentos chave impediu a remonta do equipo ferrolán. Así, chegouse ao final cunha vantaxe de 9 puntos para o cuarto triunfo noutros tantos partidos xogados polo CBX. RECIMIL 49 (14+8+12+15) Bruno 5, Rafa Montero 7, Sergio Rivera 7, Alberto Ronzados 2, Carlos Vila -cinco inicial- Pablo Freire 10, Richi Dopico 18, Yáñez, Iván. CARBALLO BÁSKET XIRIA 58 (14+9+19+16) Fran Cristóbal 0, Héctor 3, Juan Fernández 8, Marcos Molk 23, José Tato 9 -cinco inicial- Roi 10, Luis Gómez 5, Alessandro, Abraham, Taibo, Bruno Calviño, Adrián Pérez. Pavillón Javier Gómez Noya de Ferrol. crónica de CARBALLO BÁSKET
|