PUBLICIDAD
| CARBALLO BASKET XIRIA 47 - CB CULLEREDO 41 |
| Lunes, 10 de Octubre de 2011 10:51 | |||
|
Comezou a liga para o Carballo Básket Xiria na 2ª Nacional cun triunfo sobre CB Culleredo logo dun gran primeiro tempo e dun segundo máis frouxo no que xestionaron os quince puntos de vantaxe cos que chegaron ao descanso.
CARBALLO BASKET XIRIA 47 - CB CULLEREDO 41 Marcador: 14-9, 31-16, 34-24, 47-41 Por riba do partido estivo a homenaxe e o sentido minuto de silencio que se gardou na memoria de José Antonio Vega falecido nas últimas datas a ao que tanto lle debe o cadro carballés polo seu traballo desinteresado nos últimos 20 anos a prol do Xiria. Primeiro cuarto de tanteo no que o CBX apoiado nos puntos do pívot José Tato (7 no comezo do encontro) conseguía superar ao cadro visitante. O partido ráchase no segundo acto cun parcial de 17-7. É Carlos Taibo o que toma a testemuña anotadora logrando 8 puntos case consecutivos. A ¿vella guardia? formada por Molk e Taibo (12 dos 17 puntos locais) guían ao Carballo Básket ata unha máxima diferenza de 15 puntos coa que se chega ao descanso (31-16). Pero neses 31 puntos queda cravado o equipo de Basilio Pampín nun terceiro cuarto moi desafortunado no capítulo anotador. O CB Culleredo tampouco é que ande moi atinado pero cun parcial de 0-5 de inicio logra poñerse na barreira dos 10 puntos e chegar ao último período metido no encontro. No decisivo os carballeses aguantan o tirón e son os rapaces (dúas canastras de Abraham e unha de Juan Fernández, xunto cunha tripla de Molk) os que lle dan a tranquilidade necesaria ao equipo para manter a raia aos de Culleredo e lograr a primeira vitoria da temporada. CARBALLO BÁSKET XIRIA 47 (14+17+3+13) Roi 2, Héctor, Abraham 5, Marcos Molk 8, José Tato 9 -cinco inicial- Taibo 13, Adrián Pérez 5, Juan Fernández 4, Fabián 1, Fran Cristóbal, Luis, Bruno Calviño CB CULLEREDO 41 (9+7+ 8+17) Róber, Andrés Malpica 6, Subiela, Freire 3, Liñares 10, Curro Romera 9, Egidio 5, Monti 6, Somoza 2
Árbitros: Noya e Álvarez Pavillón da Zona Escolar cun cento de afeccionados na estrea da liga na Segunda División Masculina. Antes de comezar o partido rendéuselle unha homenaxe a José Antonio Vega, vinculado ao club nas dúas últimas décadas.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









