PUBLICIDAD
| MARISTAS CORUÑA 56 - CARBALLO BÁSKET XIRIA 78 |
| Lunes, 16 de Enero de 2012 16:10 | |||
|
O Carballo Básket Xiria pechou a primeira volta da liga como terceiro clasificado ao lograr o oitavo triunfo na pista do Maristas Coruña. Marcador: 19-31, 30-48, 43-63, 56-78 O Carballo Basket Xiria arrancaba o derradeiro encontro da primeira volta coas baixas de Bruno (que deixou o equipo por problemas persoais) e Héctor Añón (cun problema muscular), e coa duda de Marcos Molk (con gastroenteritis). O Carballo Basket dominou o partido dende o inicio ata o final con cómodas diferenzas que se foron por riba dos dez puntos contra o final do primeiro cuarto e chegaron a ser de +25 na segunda metade. Realizou un partido moi completo, coa anotación moi repartida (5 xogadores con 10 ou máis puntos) e cun gran equilibrio entre o xogo interior - exterior (10 triplas anotadas). O primeiro cuarto marcou o partido. O Xiria impuxo un ritmo moi forte dende o inicio, cun ataque rápido e de calidade. O poderío interior de Tato e Molk, as penetracións de Taibo e a aparición estelar de Roi e Alessandro nos últimos minutos (11 puntos entre os dous) permitíronlle aos de Basilio Pampín anotar 31 puntos nese período inicial e irse cunha diferenza de +12. O ritmo baixou no segundo cuarto, pero o Carballo Básket grazas a unha defensa moi agresiva seguiu incrementando a vantaxe. Tato, con 11 puntos ao descanso, ben secundado por Fran Cristóbal e Taibo (7) non deixaban lugar á dúbida (30-48). No segundo período os carballeses adicáronse a xestionar a vantaxe e a rotar a todo o plantel. O gran acerto no tiro exterior con 4 triplas resultou determinante no terceiro cuarto, intre no que se acabou de sentenciar o partido con diferenzas que superaron os vinte puntos. No cadro coruñés destacar o gran partido de Luis Montenegro, Monti. O veterano ex xogador do Xiria foi o máximo anotador do seu equipo con 13 puntos. O Carballo Básket remata a primeira volta en postos de fase de ascenso, pero aínda queda a parte máis dura do campionato. Na segunda volta haberá que xogar como visitante na pista dos 4 rivais directos (Culleredo, Arteixo, Atocha e Cambre). Sen ir máis lonxe a vindeira semana haberá un partido trascendental en Culleredo contra o equipo que precede na clasificación. No seguinte link pódese ver o detalle da clasificación: CLASIFICACIÓN SEGUNDA DIVISIÓN MASCULINA ANOTACIÓNS MARISTAS CORUÑA 56 (19+11+13+13) José Prado 2, Román 12, Varela 2, Roi Iglesias 5, Monti 13 -cinco inicial- Fabián 4, Miguel Fernández 1, Dani Hoyo 4, Isi 5, Kike 8 CARBALLO BÁSKET XIRIA 78 (31+17+18+12) Fran Cristóbal 10, Carlos Taibo 12, Abraham 3, Marcos Molk 10, Tato 12 -cinco inicial- Roi Vega 6, Alessandro 10, Juan Fernández 3, Luis Gómez 4, Adrián Pérez 8, Fabián, Héctor. Pavillón de Maristas.
NOTA: A mala noticia foi a lesión de Roi Vega no ligamento interno da perna, polo que estará de baixa 15 días.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









