PUBLICIDAD

Banner
A UPG conta con importantes respaldos na bisbarra
Usar puntuación: / 1
MaloBueno 
Martes, 24 de Enero de 2012 17:00

1304796830_0

O alcalde de Carnota, Milagres Lantes e Xoán Sande apoian a Guillerme Vázquez.

O Alcalde de Carnota e representantes de Laracha, Muxía, Carballo figuran na candidatura.

O BNG celebra a vindeira fin de semana unha asamblea que determinará o seu futuro e na que decidirá quén será o seu portavoz nacional e tamén o candidato as eleccións a Xunta de Galicia.

 

A Unión do Povo Galego (organización maioritaria no seo do Bloque) e varios independentes conforman a lista da Alternativa Pola Unidade. Na súa lista hai varios políticos da zona. Entre paréntese poñemos o posto que ocupan. Elíxense cincoenta membros para o consello nacionalista.

 

A APU inclúe a Carlos Fernández Concheiro(17), que integrou a candidatura de Muxía, ao voceiro nacionalista en A Laracha, Xoán Manuel Sande Muñiz(21) ou a tenente de alcalde de Carballo, Milagres Lantes Seara(38).

 

Asemade hai que destacar a presenza do alcalde de Carnota, Ramón Noceda Caamaño(47), a muxiana Ánxeles Sánchez Mancebo(suplente) e a edila larachesa Carolina Castiñeiras Brandón(suplente). Propoñen a continuidade de Guillerme Vázquez coma voceiro e de Francisco Jorquera coma candidato a presidencia da Xunta de Galicia.

 
Banner

Twitter

Banner

Encuestas

Estas de acuerdo con la moción de censura presentada en Cee
 

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner
Banner
Banner