PUBLICIDAD
| Alcaldes da bisbarra asinaron o PEIM |
| Martes, 03 de Julio de 2012 15:50 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Santa Comba é o concello máis beneficiado da provincia. A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, reuniuse hoxe no Pazo da Peregrina en Ames, para asinar os convenios sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) cos distintos alcaldes dos concellos que se beneficiarán deste investimento.
O obxectivo fundamental das obras enmarcadas nestes proxectos é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia.
O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.
Obxecto e Actuacións
A continuación, xúntase nun cadro o presuposto para cada concello:
NOTICIA- FONTE XUNTA DE GALICIA
|



