PUBLICIDAD
| O BNG impulsa o seu primeiro orzamento en solitario |
| Lunes, 20 de Febrero de 2012 10:50 | |||
|
O PSOE carballés permitirá a súa aprobación. A situación en minoría do BNG en Carballo non será un impedimentos para que se poidan aprobar as contas, xa que o concelleiro do PSOE, José Antonio Viña Patiño está disposto a permitir que saía adiante o documento económico dos nacionalistas.
O orzamento para 2012 ascende a 20.453.917 euros no apartado de ingreso e de 19.978.038 no de gastos. “É un orzamento prudente e feito pensando nas persoas” sinalou a concelleira de Facenda, Belén Lendoiro.Diminúese un 2,995 no apartado de gastos, e os investimentos reais caen un 18,55%.
CONTEXTO DE CRISE
A obra de máis envergadura será o proxecto Anllóns-Bardoso de mellora do subministro de auga potable cun marco económico de 2.213.393,68 euros. O concello aportará o 30% e o resto procede de fondos europeos.Outros investimentos que hai que subliñar son o Plan de Obras e Servizos da Deputación con 279.735,75 euros; 180.000 para a urbanización de terreos para melloras urbanas; ou 160.000 para actuacións na Escola Infantil.
Tamén diminúe o apartado de persoal(-3,24%) e aumentan os gastos correntes nun 5,51%.O concello de Carballo opta por reducir as axudas para festas, o capítulo de actividades culturais e deportivas, a dotación para partidos políticos ou un 50%, os gastos de publicidade.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









