PUBLICIDAD
| O concello agarda acelerar o novo Plan Xeral |
| Miércoles, 21 de Diciembre de 2011 07:39 | |||
|
Indican que hai poucas licencias pendentes de concesión. A anulación do Plan Xeral carballés provocou a comparecencia do alcalde, Evencio Ferrero e de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagres Lantes, que quixeron lanzar unha mensaxe de certa tranquilidade, ante a situación creada.
Desde o goberno anunciaron que os técnicos xa está preparados ante a nova situación e están elaborando un informe coas “pautas de traballo” co obxetivo de “adiantarse aos posibles problemas que poden derivarse da nova situación”. En breve reuniráse a Comisión de Urbanismo para analizar ditos informes.
Este novo panorama afectará a “aqueles polígonos existentes no PXOM anulado que non estean clasificados como solo urbano nas normas subsidiarias que recobran vixencia”. En casos como o de Bértoa poderánse seguir solicitando licencias.
Ferrero e Lantes explicaron que “no que respecta ao ámbito do rural, as normas subsidiarias son algo máis restritivas que o planeamento de 2003, mentres que na zona costeira rexerán as normas de maior rango, como a Lei de Costas ou o POL (Plan de Ordenación do Litoral)”. Ademáis suliñaron que “nestes momentos apenas hai licenzas pendentes de concesión” e insistiron na “necesidade” de que “Carballo conte cu planeamento o antes posible”
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









