PUBLICIDAD

Banner
O plan que non reviviu a Costa da Morte
Usar puntuación: / 2
MaloBueno 
Miércoles, 22 de Febrero de 2012 14:47

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, presentará o plan de impulso da Costa da Morte.

A Xunta só mobilizou o 10 por cento do investimento.

Fai un ano que o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra presentaba en A Laracha un plan para revivir a Costa da Morte que tiña previsto mobilizar uns 70 millóns de euros en investimentos, dos cales a Xunta de Galicia tiña previsto aportar uns 25 millóns de euros.

 

“O Plan Revive” foi presentado “a bombo y platillo”, e recollido nos medios. Pero un ano despois os obxectivos non parece que se acadaran. Guerra afirmaba entón que o plan era “un exemplo de colaboración transversal para apoiar proxectos solventes que sirvan para reactivar a economía das comarcas da Costa da Morte”.

 

Segundo o voceiro de Economía do Partido Socialista, José Luis Méndez Romeu o Plan Revive só mobilizou un 10 por cento do marco financieiro de investimento previsto. Ao parecer ese dato foi corroborado polo responsable do Igape, Javier Aguilera.

 

A media de axuda por empresa foi de 20.000 euros. Desde o PSOE salientan “as considerables dificultades que está a demostrar o goberno galego na execución lenta e insuficiente deste plan, que mesmo ten dado por paralizado 9 meses despois da súa posta en marcha”.

 

Méndez Romeu pediu máis eficiencia e menos propaganda e dixo que as empresas “quéixanse dun descoñecemento absoluto dun Plan que consideran un fracaso que non ten desenvolvido iniciativas coñecidas nin encetado as axudas prometidas”.

 

 

Séguenos en Twitter @anosacosta

 

FOTO DA PRESENTACIÓN DO PLAN O 16/FEBREIRO/2011

 

RADIO ANOSACOSTA

Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner
Banner
Banner
Banner

I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using

Connect with facebook

Facebook Connect

Hi , login or create a new account below

Login

Register

If you already have an account with this website login with your existing user name and password to enable Facebook Connect. From now on you'll be able to use our one click login system with your facebook credentials instead of your current user and password

Alternativley to create a new account using details from your Facebook profile enter your desired user name and password below. These are the details you can use to log into this website if you ever decide to delete your facebook account.

Forgot your password? - Forgot your username?