PUBLICIDAD
| O PSOE denuncia a “ultraxe” da Xunta a Costa da Morte |
| Viernes, 13 de Enero de 2012 11:17 | |||
|
Critican o desmantelamento do tan anunciado “Plan Revive”. O Plan Revive da Costa da Morte foi anunciado a “bombo e platillo” pola Xunta de Galicia. De feito o propio conselleiro Javier Guerra falaba dunha dotación de 25 millóns de euros e dun auténtico revulsivo para os 19 concellos de Soneira, Fisterra, Bergantiños, Xallas, así como Muros e Carnota.
Pero o plan parece que non terá moito percorrido. Iso é o que denuncian desde o PSOE. O seu portavoz de Economía, Industria e Innovación presentou varias preguntas para interesarse “polo desmantelamento do Plan Revive”.
Para José Luís Méndez Romeu trátase “dunha ultraxe a Costa da Morte”, e unha mostra do excesivo afán propagandístico do goberno do Partido Popular. Romeu quere coñecer tódolos datos sobre esta actuación aínda que adiantou a súa opinión de que o proxecto “foi liquidado logo das eleccións xerais sen ter ejecutada ningunha actuación”.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









