PUBLICIDAD

Banner
Un soño feito realidade
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Lunes, 09 de Abril de 2012 08:58

Inauguracion del Museo de Arte Contemporaneo Costa da Morte de la fundacion Torres-Pujales con la participacion del Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo en Corme. Ponteceso.

Aberto o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte.

Fai uns anos o daquela dinámico activista cultural e hoxe concelleiro de Cultura de Ponteceso, Óscar Rey Calo anunciaba o asentamento da Fundación Torre Pujales en Corme cun proxecto de envergadura, a creación dun Museo de Arte Contemporánea na Costa da Morte.

A idea foise facendo consistente no tempo e hoxe é unha realidade e Corme conta cun centro expositivo de relevancia, e que foi inaugurado o pasado sábado 7 de abril polo Director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e polo alcalde José Luís Fondo Aguiar.

 

Inauguracion del Museo de Arte Contemporaneo Costa da Morte de la fundacion Torres-Pujales con la participacion del Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo en Corme. Ponteceso.

 

Foi vital a vontade de Cristina Torre Cervigón, dona do pintor Julio Pujales. Quixo que os fondos do artista estiveran en Corme. Pero non só as súas creacións, senón tamén as súas coleccións, con obras de artistas como Colmeiro, Laxeiro ou Eduardo Arroyo.

 

O Museo de Arte Contemporánea está xa ubicado na rúa Real de Corme.

 

Inauguracion del Museo de Arte Contemporaneo Costa da Morte de la fundacion Torres-Pujales con la participacion del Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo en Corme. Ponteceso.

 

FOTOS- XUNTA DE GALICIA

 

RADIO ANOSACOSTA

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

Encuestas

¿Qué te parece la camiseta del Xallas?