O PP de Santa Comba celebrou a súa Cea do Nadal

Por o 4 diciembre, 2016

O Partido Popular de Santa Comba celebrou o pasado sábado pola noite a súa tradicional cea do Nadal. O evento celebrouse no Restaurante Molesón e contou coa asistencia duns  150 simpatizantes e militantes do partido. Asistiu portavoz adxunta do Grupo parlamentario popular no Congreso e deputada, Marta González Vázquez.

Na súa intervención, a alcaldesa de Santa Comba e portavoz popular agradeceu o apoio e traballo “da gran familia popular” xa que “fai un ano estábamos traballando desde a oposición e agora estamos traballando por Santa Comba desde o goberno”.

Pose Rodríguez tamén felicitou aos asistentes polas contundentes victorias nas últimas tres citas electorais (dúas eleccións xerais e os comicios autonómicos) e dixo que queda demostrado que os xalleiros “seguen manifestando o seu espíritu popular” aínda que se debe “seguir traballando ao pé do cañón”.

 

Cena Navidad Partido Popular de Santa Comba

Comentarios

Comentarios

Un comentario

  1. Enchenta

    4 diciembre, 2016 at 11:47 pm

    Vaia cenucaaaaaaaa

Debes estar registrado para comentar Login