A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño aprobou varios proxectos presentados ao programa Leader 2014-2020, presentados ata o 31 de marzo do presente ano.

 

 

O montante de investimento aceptado destes 8 proxectos ascende a 2.582.383,98€, a axuda concedida 715.931,48€, o emprego a consolidar 16,72 UTAs e o emprego a crear 23,50 UTAs. Agora quedan nove proxetos en lista de agarda.

 

As iniciativas beneficiadas coas axudas son as seguintes:

 

1.- Centro de Día Aurum, en Zas. O orzamento ascende a 138.690,83€, e o importe da axuda sitúase nos 50.483,46€.

 

2.- Creación Centro Welness, en Escaselas (Fisterra). O orzamento ascende a 667.811,17€, e o importe da axuda sitúase nos 200.000,00€.

 

3.- Campamento Turístico en Brandoñas, Zas. O orzamento ascende a 384.500,00€, e o importe da axuda sitúase nos 130.730,00€.

 

4.-Creación Carpintería de Aluminio e PVC, no polígono de Cee. O orzamento ascende a 751.601,84€, e o importe da axuda sitúase nos 200.000,00€.

 

5.-Campamento de Turismo Corzón, en Corzón (Mazaricos). O orzamento ascende a 172.025,09€, e o importe da axuda sitúase nos 57.800,40€.

 

6.-Modernización dunha Oficina de Enseñaría, en Limideiro(Zas). O orzamento ascende a 16.111,56€, e o importe da axuda sitúase nos 5.091,25€.

 

7.- Fabricación de Substrato de Cultivo a partir de Residuos, en Castrelo (Vimianzo). O orzamento ascende a 148.287,00€, e o importe da axuda sitúase nos 45.079,25€.

 

8.- Creación de Carpintería de Madeira, no polígono de Bértoa (Carballo). O orzamento ascende a 303.356,49€, e o importe da axuda sitúase nos 26.747,09€ e tamén queda na lista de agarda con 64.259,86€.

 

Para máis información:

 

– 981 71 73 58 (Centraliña).

 

– www.gdrcostadamorte.com

 

-Twitter: @GDRCostadamorte

 

– gdrcostadamorte.wordpress.com