Programa de habilidades sociais impartido por Vieiro.

A asociación antidroga Vieiro iniciou no IES plurilingüe Pedra da Aguia de Ponte do Porto(Camariñas) o programa de habilidades sociais “constrúe o teu mundo”, dirixido a alumnos de entre 12 e 16 anos e subvencionado polo concello de Camariñas.

 

O programa consta de oito sesión divididas en tres bloques diferenciados e levarase a cabo durante o terceiro trimestre do presente curso escolar, sendo impartido pola educadota social Miriam Romero Traba. Desde Vieiro agradecen a colaboración municipal e da comunidade educativa.

 

Foto: de esquerda a dereita: Mariví Mouzo (directora centro), Sandra Ínsua (concelleira SS.SS. Camariñas), Miriam Romero (educadora social de Vieiro) e Silvia Lijó (profesora do centro).