dav

Participaron preto dun cento de veciños de Carballo, Coristanco e Santa Comba.

dav

A marcha reivindicativa organizada pola Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural coa colaboración da Asociación ambiental Senda Nova desenvolveuse segundo o previsto, a pesar do vento e a chuvia.

Preto dun cento de veciños de Carballo, Coristanco e Santa Comba camiñaron entre Vilela e a Fervenza de Castriz, con paradas nos lugares de Abelenda e Mira, no concello de Coristanco.

Manifesto e alegacións

A comitiva percorreu parte do territorio que pretenden ocupar os parques eólicos previstos. Xa en Castriz procedeuse á lectura dun manifesto “co que se insistiu nas razóns polas que se considera que estes proxectos terían un impacto negativo tanto a nivel medioambiental como económico e, por suposto, para a saúde dos habitantes da zona”.

Ao remate do acto lembrouse que segue aberto o prazo de alegacións ao proxecto eólico do Campelo, en exposición pública nos concellos de Coristanco e Santa Comba. O prazo remata o vindeiro luns 15 de outubro de 2018.