Santa Comba xa conta cunha nova centenaria. Chámase Blandina Currais Gerpe é vive no lugar do Campelo, na parroquia de Fontecada, aínda que naceu fai un século na da Pereira.


Esta pasada fin de semana recibía a visita do alcalde de Santa Comba, David Barbeira, acompañado polo teniente de alcalde José Antonio Ucha e pola concelleira de cultura, Cristina Fajín.


Blandina foi agasallada cunha tarta e cun ramo de flores, no día no que estaba de celebración familiar.Unha nova veciña que se incorpora ao clube das persoas centenarias.