O Partido Socialista de Santa Comba presentará un Plan de Obras para evitar que se perdan os fondos da Deputación. Considera “un suicidio” o anuncio feito polo alcalde, David Barbeira, en Radio Xallas, e entende que non se pode plantexar un plan destas características “cun só concelleiro” e “chantaxeando” a toda a corporación, advertindo que“se perdes un plan de obras non hai nada que te xustifique a seguir como alcalde”.

O portavoz socialista José Antonio Ucha vertiu duras críticas contra o alcalde e xustificou a súa resposta a unha acción de “lexítima defensa” e porque “non podemos consentir que se minta no noso nome”.

“Vamos a darlle unha alternativa á xente”

“Vamos a darlle unha alternativa á xente” sinalou Ucha que pretende, se é posible, buscar un consenso co PP. Aclarou que “a nosa única lealdade é co pobo de Santa Comba” e diante dun ataque aos intereses do concello “calquera acción é lexítima”.

Sobre as friccións entre PSOE e Compromiso dixo:”Non houbo ningún problema. El decidiu que non tiña máis reunións de coordinación co PSOE. De forma unilateral suspendiu as reunións”.

“As reunións das que teño constancia del son as que fai polos bares, repartíndose os plans de obras. Todo o mundo sabe onde está negociando” afirma Ucha.