// Cristóbal Mourín//

106 primaveras e unha saúde aceptable. A xalleira María Josefa Espasandín Caamaño “Mari Pepa de Rieiro”, a veciña máis lonxeva do concello de Santa Comba estivo de cumpreanos este domingo 10 de maio.


Visita do alcalde David Barbeira


E por este motivo, recibiu a visita do alcalde de Santa Comba, David Barbeira, que a agasallou cun ramo de flores e unha torta.


Naceu en 1914 en Rieiro- Arantón e conserva unha boa saúde. Bota de menos non poder visitar o centro socio-comunitario de Santa Comba, por causa da crise sanitaria.


Lembra que a súa nai faláballe dunha gripe moi mala que azoutou o país en 1918. Falamos da “gripe española”, que tamén deixou a súa fatídica pegada en Santa Comba.