Información- AXEGA 112

Os bombeiros traballan desde as sete desta mañá na extinción dun lume que afecta a unha nave de palla situada no lugar de Grille, en Mazaricos.

A previsión dos equipos de emerxencias é que o palleiro arde de forma continuada e controlada sen riscos para a poboación nin para a contorna.

Precisamente, o material do que se trata, palla e alfalfa, é un potente combustible que complica e prolonga a total extinción do lume, polo que, de forma controlada, arderá durante horas dentro dunha zona acoutada e segura para as persoas e bens.

Nestes traballos están participando os Bombeiros de Santa Comba e Cee, os membros do GES de Muros e o persoal do Distrito Forestal da zona. Tamén están colaborando os voluntarios de Protección Civil da localidade, así como os axentes da Garda Civil.

En definitiva, un operativo que se activou logo de recibir o 112 Galicia a chamada de alerta do persoal da granxa cando faltaban apenas dez minutos para as sete desta mañá.

Foto- GES MUROS