Ante a pasividade do goberno e o evidente risco para os usuarios da praia
 
O PP DE CARBALLO ESIXE Ó GOBERNO QUE ACTÚE PARA EVITAR OS CONTINUOS VERQUIDOS DE AUGAS SUCIAS NA PRAIA DE RAZO. Adxuntamos a nota de prensa do PP de Carballo

Despois de estar facendo obras na praia, non se deron solucións e continuan a producirse verquidos directamente ós areais.

O goberno, coñecedor do problema, non ten dado ningunha solución, permitindo que se poña en risco a saúde dos usuarios e o disfrute da praia
 
Tódolos usuarios da praia de Razo comproban con preocupación que os verquidos de augas fecai continuan a producirse directamente sobre os areais sin que o goberno municipal teña posto en marcha ningunha solución. Foron centos de persoas as que, con grande indignación, nos pasados dias poideron comprobar como en varios puntos da praia se producian verquidos de augas sucias que se repiten de xeito frecuente.
 
Son moitos os que teñen denunciado esta situación que se agrava nos meses de verán e que crea un serio problema de saude pública para todolos usuarios deses areais. O goberno municipal non ten feito ningunha xestión para evitalos nin para facer a señalización e balizamento oportunos para informar os usuarios da praia, poñendo en risco a súa saude.
 
O PP de Carballo reclama do Alcalde, que ademais de adicarse a face-la foto coa bandeira azul, actúe coa responsabilidade que a dita enseña lle exixe e dea solución a un problema que menoscaba gravemente a salubridade da praia, provocando unha deplorable imáxen dos nosos areais.