En Anosacosta.com ofrecemos unha entrevista co  primeiro teniente de alcalde de Carballo, José Antonio Viña Patiño(PSOE), que fala sobre temas de actualidade do concello de Carballo. O proxecto urbanístico do Formigoso, o Plan Xeral, a xestión do bipartito, son algunhas materias que abordamos con Viña Patiño.

Imagen activa

P- O concello vén de darlle luz verde a un gran proxecto urbanístico.
R-  Aprobouse inicialmente este plan parcial. Vaise a realizar unha inversión francamente interesante entorno a 46.000 metros cadrados de superficie. Construirase unha gran zona comercial duns 18.000 metros cadrados, e outra zona mixta comercial e oficinas, aparcamentos, etc.. Estará conectado coa estrada comarcal 552 medinte un
sistema de rotondas.É unha actuación de moita índole.

P-Na comisión informativa de Urbanismo, que vde. preside tamén se presentou un informe sobre o PXOM.
R-Sí. Sometemos  a dictame o acordo de pedir unha subvención a Xunta para a redacción do Plan Xeral. Esta axuda pode alcanzar os 270.000 euros. que é unha cifra considerable. Eu fixen un informe sobre os traballos de revisión do planeamento. Hai que dicir, que están contratados os traballos de avaliación ambiental extratéxica, e xa se puxeron en marcha. O Plan leva un camiño bó e rápido.

P-Entón que o bipartito vai rodando…
R- Hai unha boa armonía e estamos estudiando xa obras e proxectos para o ano vindeiro. O bipartito funciona excelentemente. Estamos aterrizando nas distintas áreas e isto sempre ten algún inconvinte normal. No meu eido, temos bastantes obras de saneamento abertas e outras en fase de contratación. Isto leva consigo moita xestión urxente.

P-O Partido Popular vai a formar parte nesta ocasión da mesa de negociación cos funcionarios.
R- Creo que temos que estar implicados todos nestas negociacións. É unha boa noticia que o PP se incorpore porque así tamén se corresponsabiliza das decisións municipais.