O PPdeG ANIMA AO PSOE A TRASLADAR O INFORME DO CONSELLO DE CONTAS Á FISCALÍA SE CONSIDERA QUE EXISTIRON IRREGULARIDADES

Alberto Sueiro acusa ao PSOE de alimentar un linchamento político extraxudicial do Goberno anterior a anima ao Grupo Socialista a que presente probas ante a Xustiza

  • Recorda que a Administración autonómica non pode efectuar pagamento algún que non estea sometido ao control de legalidade da Intervención e que calquera contrato é supervisado pola Asesoría Xurídica
  • Os populares interpretan que o PSOE se esforza alimentar a polémica  sobre o informe do Consello de Contas para que non se fale da guerra interna desatada na Xunta polos salarios dos altos cargos