Anosacosta.com publica a nota de prensa que o PP de Carballo acaba de publicar, e que di: 

Os postes da Carretera de Razo supoñen un verdadeiro risco para a circulación pola noite nunha zona especialmente afectada por néboas intensas.

Os postes da luz que quedaron no medio da estrada, despois das obras de construcción das beirarruas en Oza, constituen un risco para a circulación .

A unica sinalización do perigo son unhas cintas rotas e unha escasa e inapropiada pintura rosa sobre os postes.

A intensa circulación que sofre esa vía e a continua existencia de néboas, sobre todo nocturnas, convirte ese tramo en especialmente perigoso.

Varios conductores teñen denunciado a situación sin que se teña tomada ningunha medida o respecto dende o goberno municipal

Carballo, 21 de Agosto de 2007.- Despois das obras de construcción das beirarruas na parroquia de Oza,na estrada Carballo- Razo,quedaron invadindo a calzada unha serie de postes do tendido eléctrico, mesmo na metade das curvas.

 Cando todos pensabamos que dita situación sería provisional, estamos a comprobar como pasan os meses e os postes continuan ne mesmo lugar sen que se teñan adoptado ningunha medida o respecto.

Nunha estrada que no verán multiplica o número de usuarios e especialmente afectada por intensas néboas, a existencia de ditos postes, constituen un risco e un obstáculo inaceptabel para os condutores e os usarios da vía.

Por outra banda a  inapropiada sinalización, con unhas cintas de plástico e pintura rosa, totalmente allea as normas sobre sinalización viaria, e a ausencia de balizas luminosas  que advirtan do perigo os conductores está a aumentar o risco de accidentes en esa estrada.  

O PP de Carballo solicita do goberno que actúe con celeridad, atendendo as reiteradas demandas de usuarios da vía e proceda o arranxo inmediato da situación ou cando menos a correcta sinalización do perigo existente.