PUBLICAMOS A NOTA DE PRENSA QUE VEN DE ENVIAR O PP DE CARBALLO:


O goberno volta a cometer os mesmos erros que no mandato anterior.

O PP SOLICITA DO GOBERNO DE CARBALLO RIGOR E TRANSPARENCIA EN TORNO O PROXECTO DA PLAZA E DO  MERCADO DE ABASTOS.

• Sen dar nengunha información os Concellerios, nin convocar os representantes municipais,  fíltranse propostas a prensa sen ningún tipo de validez.
• E moi criticabel a actuación do concelleiro responsabel, quén  recoñecendo que “…son propostas, que non significa que se vaian a desenrolar”  acuda os medios de comunicación soio por acaparar protagonismo.

• Estas informacións totalmente gratuitas, soio contribuen a crear inquietude e desconfianza entre os veciños e os placeiros.

O Goberno municipal de Carballo parecen non aprender dos erros cometidos, e despois do fiasco da xestión do anterior proxecto de remodelación da praza do Concello, volta as andadas e continua a reproducir a sua mala xestión  en cuestións moi importantes para os carballeses.

Son especialmente desafortundas as declaracións do concelleiro de comercio, quén na procura de protagonismo,  volve a dar informacións sin ningún tipo de fundamento, sobre o proxecto de reforma da plaza do concello e o mercado de abastos, permitíndose falar de superficies, de ocupación das plantas, de supermercados, aparcadoiros, etc, para a continuación recoñecer que non é nada en firme, e que son propostas que non é seguro que se vaian a desenvolver.

E lamentabel que a falta de rigor e de transparencia  que carecterizou o anterior goberno,  continue no novo mandato. Si xa é moi criticabel que non foran informados nin os representantes dos grupos politicos nin os concesionarios da plaza é mais grave, ainda, que se den informacións recoñecendo que nin siquer se mantivo ningunha reunión cos membros do goberno local,  o que en definitiva quere decir que non hai nada.

O goberno municipal, outra volta mais, en troques de sementar a confianza e a prudencia nun tema de tanta transcendencia, volve a antepoñer a propaganda e o autobombo, ainda a costa de facer aumentar a confusión entre os carballeses, a desconfianza entre os placeiros e en definitiva volve a poñerse de manifesto que dende o goberno do BNG-PSOE non teñen as ideas claras do que queren e non teñen un proxecto propio para a plaza de Carballo .