Continuan as malas prácticas do anterior goberno.

O PP denuncia a non celebración do pleno ordinario da corporación municipal correspondente o mes de agosto.
 
O alcalde incumple,  de novo,  un acordo plenario  o non convocar ó pleno da corporación.
En xullo apuntaronse  a cobrar o soldo,  en agosto queren estar de vacacións.

Image

O luns 27 de agosto, seria o dia convenido para celebrar o pleno ordinario da corporación municipal de Carballo, en cumplimento do acordo plenario da propia Corporación. Sin exixtir ningun tipo de razón que o impida,  o alcade, de novo outra volta mais, decide non convocalo e dese xeito eliminar a oportunidad dos grupos politicos de exercer o seus dereitos de control, impulso  e fiscalización da acción do goberno.
 
Este tipo de decisións, que non son novas, son especialmente relevantes no actual mandato, onde existen oito concelleiros con adicación o concello e polo tanto hai que supor  unha maior actividade politica e administrativa e non se podra alegar falta de asuntos que tratar,  nin escudarse nas vacacións do alcalde.
 
E moi criticabel que con unha plantilla tan numerosa, e tan ben retribuida, o concello no mes da agosto sufra esta paralización e  resulta impresentabel que o primeiro soldo de moitos concelleiros no concello, sexa para disfrutar as vacacións de agosto. 
 
 A situación actual é significativametne distinta a de todalas corporacións anteriores, que nunca dispuxeron de tantos "efectivos"e polo tanto non hai excusa para a non celebración do pleno ordinario, máxime cando non hai mais de un més que se adoptou un acordo plenario que obrigaba a convocatoria mensual da corporación, sin existir ningún tipo de limitación nin exclusión.
 
O Alcalde continua na senda da propaganda sin limite  e de ter duas caras, invalidando cos feitos o seu  discurso, cara a galeria, da participación e o diálogo permanente coas forzas políticas ao impedir que se celebre a sesión na que todolos grupos teñen o dereito democrático de participar e de coñecer ou preguntar pola situación dos asuntos municipais.