Dende hai vintesete anos a Festa da Pataca de Coristanco, ven sendo un referente gastronómico para todos os cidadáns, e para outras moitas festas que toman a Coristanco como pioneiro gastronómico.

Imagen activa

A Comisión Organizadora acaba de sacar as rúas a programación da XXVII Festa da Pataca de Coristanco, na que a Comisión, a través dos grupos de traballo que se están esforzando arreo nestas semanas e concretando os últimos traballos para a organización da festa, quere que este ano sexa diferente, por iso destaca a Exhibición de Timbersports, que consta de tala e corte de madeira, de aproximadamente 6 toneladas de madeira, onde se poderán ver traballar aos gañadores nacionais de Timbersports e aos mellores concursantes nacionais, contando coa colaboración da empresa Rumacru, S.L. de Coristanco.

Esta exhibición estará no recinto da Feira da Maquinaria Agrícola durante todo o día do domingo 16 de setembro, na que este ano tamén contaremos con máis expositores, polo que serán once expositores ofrecéndonos maquinaria agrícola e de xardín.

Por outra banda, este ano a festa estará ateigada de diversidade de acontecementos e no que tamén destacará a importante participación das tendas e talleres de Artesanía Galega, na que poderemos ter a oportunidade de ver en directo elaborar a nosa Artesanía Galega.

E aínda que esta festa é unha homenaxe aos agricultores, todos temos cabida porque Coristanco vestirá as súas mellores galas para recibir a xente e ter uns días ledos, no que para eso contamos coa colaboración dos bares e varias empresas para que cada ano esta festa vaia mellorando.