O portavoz do Partido Popular de Laxe,Rafael Suárez Lema comentaba onte en Protagonistas,  de Punto Radio Noroeste, a situación creada no concello logo de que a Xunta de Galicia non aprobará o Plan Xeral de Ordenación Municipal laxeiro. Isto provocou unha situación complexa para moitos veciños. O popular Rafael Suárez Lema aproveitou o comenzo do curso político  para pedirlle o goberno local e o seu alcalde, Antón Carracedo, que se esforze neste importante documento e rectifique o Plan Xeral, adaptando a lei, e con diálogo, unanimidade e total transparencia.

Suárez Lema lembrou que este documento inicial tivo 380 alegacións, e que o seu partido xa informaba fai uns meses, antes das eleccións, de que esta situación se ía a dar. O Partido Popular de Laxe anunciou a súa disposición a colaborar e considera que a aprobación do P.X.O.M. é vital para o progreso do concello.