Dende o mes de xuño que se recibiu a notificación da resolución non se fixo nada.

O GOBERNO DE CARBALLO PODE PERDER UNHA SUBVENCION DE PARA AS OBRAS DO ANTIGO AMBULATORIO.

• A concesión da Conselleria de Presidencia, de data 14 de xuño expresa claramente que o investimento deberá xustificarse antes do 15 de Octubro .

• A finais de setembro, o goberno non fixo nin o expediente de  contratación das obras, polo que resultará imposible, nin siquer inicialas, antes do 15 de outubro

• A pesares da urxencia do trámite o alcalde decidiu non celebrar o pleno da corporación de agosto, no que este tema podia quedar xa arreglado.

 

Carballo, 21 de setembro de 2007.-. O 14 de xuño do presente ano dende a Direccion Xeral de Administración Local notificaron o concello a resolución positiva da solicitude de subvención para o acondicionamento e reforma do antigo ambulatorio para usos administrativos.

Unha das condicións que se recollen en dita resolución e a obligatoriedade de xustificar inescusablemente o investimento do importe da subvención concedida antes do vindeiro 15 de outubro do 2007.

No goberno de Carballo, a pesares de contar con 8 concelleiros en nómina e 2 secretarios particulares, non houbo quén se ocupara de este asunto, ata agora cando faltan pouco mais 21 dias para que remate o plazo de xustificación, de xeito que existe a probabilidade real de que non se poida recibir dita subvención.

A desidia adquire maior gravidade si se ten en conta que a modificación das anualidades que agora se presenta a aprobación plenaria, xa se pudo ter feita como mínimo fai un més, si o alcalde non decidira suprimir o pleno de agosto, incumplindo o acordo plenario.

 

Esta é a evidencia da falla de xestión e da adicación permanente do goberno mellor pagado da historia ó autobombo e a propaganda. E supón unha evidencia mais da demagoxia permanente do alcalde cando manifesta “ que estos tres meses foron de  intenso traballo”

O goberno deberá explicar como pretende actuar en este asunto,  en  que plazo ten previsto contratar as obras, cando pretende rematalas, e que xestións se teñen feito para salvar a subvención que está en perigo pola ineficacia e a desidia dos  concelleiros.