NOTA DE PRENSA DO PP DE CARBALLO A improvisacion e o desprecio polo futbol de este goberno ten perxudicado ós equipos de futbol de Carballo ● Escoménzarán a obra con todolos equipos en competición, cando o campo estivo sin uso durante mais de dous meses, Esta obra tan necesaria vaise facer no momento mais inoportuno, cando os diferentes equipos do Bergantiños xa teñen comenzadas as súas respectivas ligas, agora teñen que buscar campos alternativos para afrontar os seus compromisos de competición (Laracha, Payosaco, Berdillo, Sofan, etc.), e todo isto co perxuicio económico que lle vai ocasionar ao Clube e as Escolas Luis Calvo, xa que moitos pais e xiareiros non podran ir a ver os encontros polos desplazamentos a outros campos. Si se actuara con unha mínima planificación, o lóxico e que estas obras se realizaran entre os meses de Maio e Xullo, cando os equipos non estaban en competición nin entrenando, enon en plena competición, Polo tanto e na precura de minimizar o perxuicio causado, desde o grupo municipal do Partido Popular solicitamos ao actual goberno: 1º.- Que asuman a súa responsabilidade en este asunto, no perxuicio o Bergantiños, que non poderá xogar no seu campo durante o tempo que duren as obras, e o mesmo tempo, que asuman tamén a súa parte de culpa na traxectoria do principal equipo de futbol do Concello na pasada campaña, na que debido as numerosas lesións que os xogadores sufrían na superficie das Eiroas e as dificultades para fichar xogadores que non querían xogar en esta superficie, o Bergantiños descendiu de categoría. A situación é especiamente grave si se observa que o Alcalde foi o responsable directo de deportes no anterior goberno, 2º.- Que dende o actual goberno, e en especial dende a consellería de Deportes, se poña a disposición do Bergantiños e das Escolas de Futbol Luis Cavo un servicio de autobuses gratuito para as familias dos rapaces e os afeccioados do clube para que se poidan desplazar a donde os equipos xogan como locales os seus encontros. En definitiva, que o concello asuma a súa responsabilidade en este tema e axude ao Bergantiños durante a realización das obras do campo de fútbol para que o perjuicio económico e deportivo sexa o menor posible. PARTIDO POPULAR – GRUPO MUNICIPAL DE CARBALLO