O xefe da oposición carballesa e líder do Partido Popular, Alberto Sueiro Pastoriza cree que o “continuismo” e unha das características do “goberno máis caro da historia, que costa cerca de 60 millóns das antigas pesetas e ten moito que demostrar”. Sueiro declarounos que co considerable aumento de adicacións exclusivas, o goberno bipartito BNG-PSOE en Carballo debería funcionar doutra maneira. ”Agora temos oito concelleiros que cobran do axuntamento e dúas personas máis nombradas a dedo para axudarlles. Soldos estupendos que  non se traducen nin en máis actividade política, ni en máis proxectos, nin en melloras”, asegura Sueiro Pastoriza.

 

O Voceiro popular tamén opinou sobrer a polémica da instalación de antenas de telefonía móvil (“Existe unha ordenanza feita por eles mesmos e non fan que se cumpra”), o campo de fútbol da Piña (“Este campo de fútbol está fora do ámbito municipal e isto é ilegal. Non se cuestiona o campo de fútbol da Piña senón a actuación de determinados políticos.) ou o anteproxecto do Mercado municipal, onde defende o proxecto pero critica que o goberno local aínda non expresara cal é a súa opinión.