Rober Bodegas

Rober Bodegas

Así foi. O noso ilustre carballés proclamouse vencedor do concurso “El Club de la Comedia”, de T.V.E., e desde aquí queremos expresar a nosa ledicia, e ofrecerlle as nosas felicitacións.

O seu primeiro monólogo foi reproducido no Youtube máis de trinta mil veces, todo un record!!! Rober leva cinco anos de monologuista, é colaborador de Radio Voz e ten un fotolog do máis variado ( www.fotolog.com/rober_bodegas )

É unha grande noticia para nós, este triunfo dun dos nosos veciños.

Noraboa Rober e a seguir percorrendo o camiño do éxito.