Logo da celebración do Consello Político de Terra Galega en Carballo, onde a formación decide non concorrer as Eleccións Xerais, e pedir unha reforma da lei electoral na porcentaxe mínima dun 5%, e tamén para a regularización do voto emigrante e a implantación das listas abertas. Pero sen dúbida o que máis "rebumbio" causou nas ondas hertzianas foron as palabras de Andrade Cristóbal contra o Bloque Nacionalista Galego. Andrade adicou un rosario de piropos a terceira forza galega coma ser "Lobos con pel de cordeiro", un partido "radical e anticapitalista", ou manter un "discurso con careta". E moito máis. Escoita aquí a reflexión do líder centrista carballés en Punto Radio.

{youtube}gKUebcTBi7M{/youtube}