O Concello de Ponteceso homenaxea os cen anos do himno galego, que ten a letra do insigne bardo bergantiñán, Eduardo Pondal Abente.Para elo o vindeiro 20 de decembro está prevista unha actividade para conmemorar esta efemérides.

As 11 da mañán terá lugar a recepción no campo da feira pontecesana dos nenos e nenas dos colexios que participarán nun recital poético sobre a obra de Pondal. Un grupo de gaitas amenizará o acto de recepción da comitiva escolar.

As 11,30 levaráse a cabo o recital poético sobre textos do vate de Ponteceso, na praza do Recheo. Actuará coma presentador o polifacético activista cultural e xornalista, Xurxo Souto.

As 12,25 viviráse outro dos momentos importantes da xornada, a ilustre gaiteira Susava Seivane interpretará o himno galego, acompañada de voz o boutzuki. Nos actos tamén participará o alcalde deste concello , José Luís Fondo Aguiar e outros membros da corporación local de Ponteceso. Con estes destacados actos o concello de Ponteceso pretende lembrar a data do 20 de decembro de 1.907, cando no Teatro Nacional de La Habana a Coral Polifónica Estradense interpretaba o himno de Galicia.