O portavoz socialista carballés, José Antonio Viña Patiño amosouse partidario da xestión privada para o proxecto e a obra do mercado municipal e do aparcadoiro soterrado:”Eu opto por unha concesión a unha empresa privada, da obra e explotación do aparcadoiro soterrado e do edificio”; pero tamén indicou que hai que estar aberta a outras posibilidades “e non se pode descartar nada”, asegurando que é fundamental estudiar tódalas posibilidades “para que non quede deserto”