O concello de Coristanco investirá nos vindeiros meses máis de 365.000 euros en melloras  dentro do Plan de Obras e Servizos, impulsado pola Deputación Provincial, no que o concello tamén debe de facer unha pequena aportación.Neste P.O.S. 2.008, o goberno local optou por sete proxectos, no que se prioriza a mellora de vías rurais, rede de saneamentos e os abastecementos de auga.

Neste plan, acometeráse o afirmado e mellora da capa de rodadura nos camiños rurais de Couso e Agualada, por importe de 52.244 euros. Neste paquete tamén se inclúe a rede de saneamento ó núcleo de Agualada. Tamén se inclúen tres proxectos de adecentamento de vías interiores en Agualada e Valencia(40.745 euros), e en Xaviña, San Paio, Cuns e Ferreira,(56.995 euros), e nas parroquias de Traba e Castro, cun orzamento de 55.184 euros.  O executivo que preside Antonio Pensado Plágaro optou asemade pola construcción de beirarrúas en Oca e Erbecedo, e a primeira fase do local social en Abelenda-Erbecedo. Esta actuación conta cun marco financieiro de 46.385
euros.O Plan de Obras e Servizos permitirá  acomete-la rede de saneamento en Cuns e Xaviña, e a rede de auga de Oca. Este investimento ascende a 58.248 euros. Por último, e cunha partida de 56.173 euros, levaráse a cabo a rede de abastecemento de auga a Couso e a construcción dun depósito na parroquia de Traba.