A petición formulada polo B.N.G. foi aceptada polo goberno local do PP de Coristanco e finalmente o pleno previsto para este sábado, levaráse a cabo o vindeiro luns, 24 de decembro as 10 da mañán, segundo confirmou en Punto Radio Noroeste o portavoz municipal, Xosé Manuel Vázquez Vázquez. Os nacionalistas aproveitaron para criticar as eivas no funcionamento interno do concello pero tamén sospeitan que desde o goberno local se tente "coartar" estes dereitos lexítimos da oposición.