O Grupo municipal do BNG de Coristanco solicita o aprazamento da sesión plenaria prevista para este sábado as dez da mañán, xa que consideran que o goberno do Partido Popular está “a incurrir nunha ilegalidade”, xa que non se cumpriron os prazos da convocatoria, e polo tanto piden que se aprace o pleno máis importante do ano.  Desde a formación nacionalista argumentan: “O BNG non tivo a súa disposición a documentación precisa dos puntos a tratar e, sobre todo, a dos Orzamentos Xerais, o cal non nos permite facer o noso traballo de oposición.

 

 O BNG engade:" …. Tamén hai que ter en conta que o Regulamento de Organización e Funcionamento das entidades locais, establece condicionantes expostos e, de cara a correxir unha ilegalidade clara e a facilitar unha actitude política transparente no concello, solicitamos que se aplace o pleno extraordinario para mediados da vindeira semana. Os orzamentos do concello de Coristanco para este 2.008 ascenderán a 3,6 millóns de euros, o que supone unha reducción dun dez por cento. A agrupación que dirixe Xosé Manuel Vázquez cree que o non cumprimento dos prazos e non haber facilitado a documentación son motivos suficientes para que a sesión se retrase uns días.