As enmendas presentadas polo Partido Popular para Costa da Morte non tiveron fortuna e foron rexeitadas polos deputados do bipartito PSOE-BNG. Os populares pediron que se incluiran partidas económicas para o orzamento do 2.008 que sumaban máis de 11,5 millóns de euros. Entre as obras demandadas figuraban a construcción dunha piscina cuberta climatizada e un parque de bombeiros comarcal en Vimianzo, a reducción da peaxe, na A-55, saneamentos en Carnota e Muxía, accesos o peirao de Brens-Cee, infraestructuras portuarias en Sardiñeiro-Fisterra, ou a Casa dos Oficios carballesa.

Imagen activa

O deputado popular Alberto Sueiro  afirmou que “É unha pena que a única razón de fondo sexa que foron presentadas polo Partido Popular”, e criticou que moitas propostas que o BNG fixera no 2.005 estando na oposición agora foran votadas en contra polos nacionalistas. “Foi un mal ano para a Costa da Morte. Non saiu adiante ninguna das obras comprometidas. A autovía sufre retrasos, o plan acuícola encontra o rexeitamento dos veciños, o plan de transportes tamén nos perxudica, as empresas non se instalan. Non houbo nada novo que nos permita ser optimistas”, reflexionou Sueiro Pastoriza.