A piques de rematar este 2.007 e xa hai varios concellos que fan os seus deberes e aproban os orzamentos antes de que comence o 2.008. Primeiro foi Vimianzo, e logo foron seguindo municipios coma Ponteceso, A Laracha, Camariñas, Muxía. Nos vindeiros días tocáralle o turno a Carballo e Coristanco. Nos concellos de A Laracha e Ponteceso as maiorías absolutas foron suficientes. En Camariñas os socialistas fixeron o mesmo, e en Muxía os presupostos aprobáronse cos seis votos do PSOE  mailo voto do BNG. A concelleira nacionalista anunciou que deixaba o cargo na corporación ainda que se mantén o pacto de goberno.

O  Concello de Camariñas aprobou os seus orzamentos co voto favorable do grupo de goberno socialista e a oposición do Partido Popular.As contas ascenden a 4.368.000 euros, e teñen un incremento de 565.000 euros. O concello de Camariñas porá en marcha unha especie de cheque-bebé, concedendo unha axuda de 1.200 euros a cada nacemento. Nas contas apréciase unha importante subida dos impostos, que veñen motivados en grande medida pola incorporación a SOGAMA. Tamén se rexistra unha partida de 80.000 euros para melloras no campo de fútbol e un aumento considerable das cantidades económicas que percibirán os cargos electos.
A coalición PSOE e BNG sacou adiante as contas en Muxía que suman 2,6 millóns de euros, das cales un 44% será para gastos de persoal e un 12% para investimentos reais (325.000 euros). Os socialistas defenden a mellora que experimentan os apartados de cultura , deportes e servizos sociais, mentras que a oposición do PP, votou en contra  do documento financieiro criticando a destrucción de emprego e o excesivo gasto en festas.
 Na Bisbarra de Bergantiños, aprobáronse nas últimas xornadas as contas de A Laracha e Ponteceso. No primeiro caso, a maioría do PP dou luz verde a unhas contas de 6,9 millóns de euros. Segundo o rexedor, en declaracións a Punto Radio, son "unhas contas realistas, con investimentos importantes". José Manuel López Varela  destacou o feito de que se invista o 40% en actuacións no municipio e que os orzamentos suban en 849.000 euros. PSOE e BNG votaron negativamente.  O PSOE criticou o continuismo e o BNG opina que non son as cifras que necesita o concello. E idéntica imaxe se viviu en Ponteceso, PP a favor, PSOE e BNG en contra. Uns números totais que suman 4,3 millóns de euros, e no que se percibe un novo intento por seguir paliando a débeda do concello. O BNG discrepou coa utilidade das personas que teñen adicacións exclusivas e o PSOE lamentou que non houbera máis investimentos.