O presidente da asociación antidroga Vieiro alerta da necesidade de incrementar a loita contra o narcotráfico xa que informa que “existen muchos puntos donde se puede conseguir drogas tanto en pisos, zonas fijas o personas a nivel particular que están vendiendo”. José Manuel Vázquez Gómez cree que se debe loitar sen acougo contra “áquel que venda la mercancía de la muerte”, e aínda que valora a actuación policial na barriada da Colina, en Carballo, opina que non se debe de baixa-la garda.

Vázquez asegura que hai moitos adolescentes adentrándose no mundo do consumo de estupefacientes e alcohol e pide a concienciación das familias ante este problema o que non é alleo a ninguén. A asociación Vieiro publicou un novo número da súa revista trimestral na que  informa de prácticas saudables, das actividades da asociación, con reportaxes sobre novas drogas e outra noticias no campo da prevención. Por outra banda, esta asociación carballesa de ámbito comarcal, segue organizando actividades formativas que afectan a 1.500 estudiantes da zona.