Óscar Rey: “ A Festa do Percebe é a máis importante de Galicia”

Por o 8 julio, 2008

Image

O Responsable de comunicación do concello de Ponteceso, Óscar Rey Calo, cormelán de pro e infatigable activista cultural, nos convida desde anosacosta a acudir o vindeiro sábado a XIII Festa do Percebe do Roncudo e tamén nos informa do avance das obras de construcción do futuro Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte "que dará moita forza cultural a toda a Costa da Morte", e que estará funcionando para o vindeiro ano 2009.

Óscar Rey recoñece que é unha opinión subxetiva pero non se corta: "A festa do Percebe é a festa gastronómica máis importante de Galicia". E convida desde anosacosta.com ós nosos lectores a acudir a este evento este próximo sábado. E tamén quixo agradecer a actuación solidaria que vai a realizar o famoso Parga "para o reflote da cofradía".

 

Programa Festa do Percebe:

Image

10,00- Pasarrúas coa Banda de Gaitas Inllar e actuación da Charanga Mekánika e a NBA.

12,00- Misa na memoria dos mariñeiros falecidos

13,00- Comenzo da venda de tickets de percebe, pulpo, empanada, etc..

13,30- Pregón do Presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga

14,15- sesión vermouth con Los Almirantes

23,00- verbena con Los Almirantes

02,00- concerto de José Parga Eiroa "El Parga".

Image

 

Rey Calo tamén nos comentou boas novas sobre o Museo de Arte Contemporáneo que espera abrir as súas portas no 2009."Podemos dicir que xa estamos vendo, por fin, o final do camiño. Estánse realizando as obras do Museo a grande velocidade. Este Museo de Arte poderá estar aberto para o 2009, gracias as axudas que recibimos do Ministerio de Cultura e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Creo que para o ano que ven poderemos disfrutar deste Museo de Arte que tanta forza cultural vai dar ó concello de Ponteceso, pero tamén a toda a Costa da Morte" asegura Óscar Rey.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información