Viña Patiño pide reflexión sobre o mercado

Por o 9 julio, 2008

Image

O líder socialista carballés asegura con respecto o mercado municipal que todo depende da implicación dos concesionarios, que deberían aportar unha parte importante do orzamento. Agora ábrese un período de reflexión. José Antonio Viña tamén criticou a forma de facer oposición empregada polo Partido Popular.

José Antonio Viña Patiño(PSOE) recoñece que a principal eiva do proxecto do mercado municipal son os sete millóns de euros de orzamento, dos cales catro millóns deberían ser aportados polos placeiros e demáis operadores. A cantidade restante procedería das administracións. "Necesitamos a implicación económica dos concesionarios e fixemos un primeiro avance ante estas personas. Agora con este información teñen que reflexionar si están dispostos a embarcarse nesta proposta ou se é necesario reorientala" asegurou o teniente alcalde carballés.

Image

En Radio Líder – Punto Radio Noroeste tamén se referiu ó posicionamento político do Partido Popular, que considera equivocado e que el asegura que nunca faría:

"Eu nunca faría a oposición que fai o Partido Popular se estivera no seu lugar. Para eles todo é negativo. Pero o final a xente acaba botando contas e pide que se fagan propostas en positivo e se pregunta se é que o goberno non fai nada ben. É unha extratexia que non comparto, pero o mellor o PP entende que lle pode dar rendabilidade política. Pero esa actitude non da rendabilidade ós veciños que son o importante".

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información