Image
Aínda que estivo na Festa da Pataca, o Presidente do PPdG, volta este mércores a Carballo para participar na campaña "Galicia en Voz Alta". Unha carpa estará instalada durante todo o día na praza do concello. 

O vindeiro mercores o PPde Galicia presentará en Carballo a campaña "GALICIA EN VOZ ALTA" que dende o mes de Xullo está a precorrer toda a xeografia de Galicia e que rematará o sabado en VIgo. A tal efecto instalaráse unha carpa na plaza do concello desde as 12 da mañan aberta o público. As 18 horas do mercores visitará a carpa da plaza do concello o Presidente do PPde Galicia. Alberto Nuñez Feijoo para compartir unha tarde cos veciños de Carballo e en xeral de Bergantiños e a Costa da Morte.

Así explican desde o PP de Carballo que tamén engaden que " invitamos a todolos Carballeses e Bergantiñans a achegarse a carpa da Plaza do Concello para coñecer as propostas do PP de Galicia, e ter a ocasión de trasladar as suas opinións, suxerencias ou criticas directamente o Presidente do PP de Galicia".