Image
Tal e como adiantou anosacosta, desde a Plataforma preguntaban pola exclusión de destacados militantes do BNG e do PSOE carballés do Plan Sectorial. E o alcalde calificaba nun xornal de “insidias” as afirmacións dos afectados da Agra da Lagoa. Agora os veciños insisten na súa acusación e aseguran que poden demostrar estes supostos beneficios.

O alcalde de Carballo comentou en La Voz de Galicia, que as afirmacións da Plataforma “non se corresponden coa realidade, sobran comentarios». Que os veciños se tratan a todos por igual e que isto eran “insidias”. Evencio Ferrero tamén comentou que estaba traballando para que poidera haber unha xuntanza dos afectados con Anxo Quintana.

Agora os membros da Plataforma reafírmanse nas súas acusacións de que determinados militantes de PSOE  e BNG foron excluidos do Plan Sectorial e indican que:

“A Plataforma está en condicións de demostrar ante os veciños de Carballo que estes feitos se corresponden totalmente coa realidade e que o Sr. Alcalde está faltando á verdade. Agora xa non lle pide aclaración senón que se lle acusa tanto a el como ao Sr. Viña de favoritismo e amiguismo. Os favorecidos pola exclusión son militantes do BNG e do PSOE, que foron beneficiados descaradamente polo Goberno municipal de Carballo porque foron excluídos do Plano Sectorial e os seus terrenos foron incorporados aos Polígonos 9, 10 e 43, lindantes polo vento sur co Polígono 7, trazando a este efecto un requebro raro que todo o mundo pode constatar no Plano Sectorial”.

Image

Os afectados polo Plan Residencial do Solo da Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia, creen que este feito que denuncian é algo “impresentábel e improcedente”. De tódolos xeitos as afirmacións verquidas pola Plataforma son moi graves, xa que aseguran que poden demostrar que houbo beneficios a prol de militantes do BNG e PSOE que gobernan Carballo.