Amancio Lavandeira.

Amancio Lavandeira.

O líder de Tega en Coristanco  solicita que o alcalde devolva os cartos das chamadas realizadas co móbil da alcaldía, cando Antonio Pensado estaba de viaxe privada no continente americano.

Amancio Lavandeira refírese a famosa factura do mes de novembro de 2008, onde se gastaron 744 euros. Segundo o político centrista  a maior parte do consumo por parte de Antonio Pensado Plágaro, foi feita do 7 ó 17 de novembro, coincidindo coa estancia do alcalde en Uruguai e Argentina nunha viaxe privada.

Desde Terra Galega entenden que como se fixo un uso privado dun teléfono público o rexedor popular coristanqués debería devolver as cantidades que poderían alcanzar os 654 euros.

Image

Lavandeira Suárez invita a Pensado a pedir desculpar públicas “e incluso plantexarse a dimisión por apropiación indebida de fondos públicos”. E anuncia que no vindeiro pleno de abril, insistirá en pedir explicacións sobre este tema.

.
“Estas situacións son exemplos claros da necesidade urxente de facer unha auditoría no concello de Coristanco, xa que os feitos demostran unha vez máis, que hai bastantes sospeitas da maneira que ten o alcalde de xestionar os fondos públicos”, asegura nun comunicado o líder de Terra Galega.