Image
Terra Galega de Coristanco informa que un grupo de veciños de Moucos e Xurdíns, en Cuns  puxéronse en contacto con este partido, en protesta pola falta de resposta por parte do alcalde de Coristanco as súas reivindicacións.

Unha das queixas refírese a unha marquesiña que se  agravou despois de que o furacán Klaus levantara o teito da mesma. Amancio Lavandeira cree que a día de hoxe, a nadie lle sorprende a falta de resposta do alcalde, xa que similares promesas foron incumpridas de forma reiterativa cos veciños de Cuns.
Deste xeito, recordan aínda as promesas nos arranxos e aperturas de camiños, as promesa de devolver os montes ós veciños de Rial de Cuns (feita fai máis dun ano), o compromiso no remate e acondicionamento do Iglesario a cambio ocupar terreos no desvío dunha pista, a distribución de contenedores de lixo, os alcantarillados, etc.

Image

Por iso,  o voceiro do grupo municipal de Terra Galega desprazouse ata o lugar para comprobar in situ o retraso dos proxectos do alcalde, e en especial as condicións da pista que vai do Iglesario a Moucos e Xurdíns, a marquesiña en que os nenos e nenas esperan o transporte escolar, afalta de limpeza de cunetas que provoca que a auga invada as pistas, etc. TeGa voltará a levar ó pleno de Abril as queixas xeneralizadas que presentan estos veciños, aínda que unha vez máis, non esperan atopar respostas coherentes nin compromisos que se cumpran.