Image
Aínda que xa realizara a demanda via plenaria, Amancio Lavandeira pide unha solución a pista de Castrobó a Serra que sufre continuos desbordamentos de auga.

TeGa de Coristanco pide unha solución para a pista de Castrobó á Serra.

A pista de Castrobó á Serra aparece cuberta de forma habitual polas augas que baixan pola cuneta da mesma. O motivo do desbordamento das augas débese á falta de limpeza que presentan as cunetas dende fai anos.
Este problema sucede en varios lugares ó longo da pista. Nalgún dos puntos, fíltrase a auga e brota no medio dela a través do asfaltado.Esta situación, fai que o tránsito por ela, tanto para os vehículos como para as persoas, se convirta en moi perigoso. No caso das persoas, estas teñen que camiñar nalgúns tramos polo medio da pista debido á presenza de maleza, barro e lodos ó longo das marxes.

Para os conductores a maleza oculta a verdadeira profundidade da cuneta convertídoa nunha verdadeira trampa, xa que en caso de ter que arrimarse a ela (cando coinciden dous automóbiles, polo estreito da pista) poden danar seriamente o vehículo. Amancio Lavandeira cree que se debería dar unha actuación urxente, xa que o treito presenta pouca visibilidade e se convirte nun punto perigoso. Os veciños despois de tantos anos sufrindo esta situación, dudan de que se arranxe o problema axiña, xa que os proxectos da alcaldía non teñen data de caducidade.

O texto pertence a nota de prensa remitida por Tega Coristanco.