Maria Torres

Maria Torres

María Torres Pose, natural de Razo-Carballo,  é a nova secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia. Reivindica o “incoformismo e a vangarda” dentro das estructuras do PSdG-PSOE.

A carballesa María Torres Pose foi elixida na máxima responsabilidade das Xuventudes Socialistas de Galicia. Encóntrase con gañas e cree que se debe potenciar o papel do militante e “devolver a ilusión da mocidade galega na política”.
“Somos inconformistas e temos que estar na vangarda e exercer a crítica con responsabilidade e lealdade. Hai que construir un proxecto coordinado de país galeguista para que a xente confie en nós” manifesta Torres Pose que ten por diante  un intenso traballo.

Se queres ampliar a información sobre esta noticia de María Torres visita  www.anosagalicia.es