Image

O portavoz de Tega denuncia a perda de fondos comunitarios no proxecto de restauración da antiga casa escola de Seavia.Concretamente uns 40.000 euros sen executar.

Amancio Lavandeira Suárez asegura que dos 153.000 euros que a Unión Europea concedeu ó Concello de Coristanco ó traverso do Agader, para a  restauración da antiga Casa Escola de Seavia, finalmente quedaron uns 40.000 euros sen investir.

Image

O Líder de Terra Galega critica que “o concello desaproveitara parte deses fondos que viñeron aprobados para invertir en dito local, o que supón que as obras non se remataron según o previsto, ou os prazos de execución non se cumpriron”. Lavandeira  queixase de que estes son feitos habituais no concello coristanqués:

“O caso máis escandaloso o temos na Rocheira, onde o concello corre o risco de ter que devolver o diñeiro que lle deron para levar a cabo a construcción dun edificio, que na actualidade atópase abandonado e sin rematar. No caso da escola de Seavia, neste momento está rematada pero sin embargo non se lle está dando ningunha utilidade, xa que nin os veciños poden dispor dela, nin o concello a están utilizando, o cal nos preguntamos con que obxetivo se levaron a cabo eses proxectos” afirma Amancio Lavandeira.