Image
A localidade  de Corme, no concello de Ponteceso, acolle o vindeiro 11 de xullo unha nova edición da súa tradicional xornada de exaltación do seu producto máis típico e popular, o percebe do Roncudo.

Neste caso será a XVII edición  da Festa do Percebe, unha celebración de moita sona máis alá das teóricas fronteiras da Costa da Morte e de Bergantiños. Evidentemente o grande acto é a degustación de centos de racións deste marisco a prezos máis asequibles que do normal. Porque o que se pretende desde a confraría de pescadores que preside Manolo Cousillas é precisamente a promoción deste recurso.

Image

 Pero ó redor deste reclamo sucederánse unha morea de actividades. Non faltará a música de orquestra nin de charanga, cunha delas procedentes de Badaxoz e que mobiliza a máis dun cento de músicos. Ademáis queren ofrecer a posibilidade os visitantes que poidan visitar in situ as zonas de extracción de percebe mediante a posta en funcionamento dun tren turístico. 

A XVII Festa do Percebe xa está ahí. En Corme , no concello de Ponteceso, onde fai pouco tempo estivo o noso galopato.