Image
Alberto Sueiro criticou as obras do Rego da Balsa e a utilización de recursos do concelo para un boletín do BNG.

O portavoz municipal do PP de Carballo denunciou o proxecto e o alto custe dos traballos que se están realizando na zona do Rego da Balsa, por importe de máis de 400.000 euros. “

“Criticamos a execución do propio proxecto, non nos parece a solución.Falamos de 400.000 euros nun espazo pequeno, que necesita unha mellora pero esta non creo que sexa o formigón. Poderíase facer con menos cartos”.

Alberto Sueiro asegurou que “están enconfrando o río e poñéndoo entre dous muros de formigón” nun proxecto que “custa dúas veces o que custa a peatonalización da rúa Desiderio Varela”

Un boletín partidista con recursos públicos

Sobre o boletín O Anllóns, publicado polo BNG de Carballo, Alberto Sueiro asegurou que é unha mostra “da utilización que fai o Bloque dos medios públicos”. O portavoz popular informa que hai “fotografías que aparecen no boletín que son do concello e o BNG úsaas de forma incorrecta e partidista”.